Friday 10 de May de 2024

O Concello ordeará a retirada dunha vintena de vehículos e unha moto que se atopan en situación de abandono na vía pública e no depósito municipal


O Concello ordenará a retirada dun total de vinte e un vehículos e unha moto que se atopan en situación de abandono en rúas do termo municipal ou nas instalacións do depósito municipal de vehículos do Concello. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, que explicou que “tralos infructuosos requerimentos realizados aos propietarios dos vehículos para que procedesen á súa retirada, seguimos os trámites establecidos neste tipo de situacións”.
A tramitación implica a publicación no Boletín Oficial do Estado –o pasado venres para un localizado na vía pública e hoxe para os restantes, no depósito municipal- do anuncio da notificación do procedemento, no que consta que tras realizar notificacións por correo certificado aos propietarios dos vehículos e da moto– rexeitadas ou ausentes do domicilio- e presumindo o seu abandono, se insta aos donos a que no prazo dun mes procedan á retirada do lugar no que figuran abandoados previo pago da taxa establecida na ordenanza municipal.
Na estrada de Castela localízase un Dacia Logan, mentres que no depósito están un Ford Orión, un Derbi Atlantis, dous Citroen Saxo, un Mercedes E290, un Dacia Sandero, un Kia Carnival, dous Volkswagen Golf, un Opel Astra, un Citroen Berlingo, un Renault Megane, un Audi 90, un Fiat Punto, tres Opel Corsa, un Volkswagen Polo, un Renaul Space, un Nissan Almera e unha moto Aprilia SR 50. Os datos ao completo das matrículas e data de inicio dos expedientes, entre outros, pódense consultar no BOE do 16 de marzo e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
No caso de que non se retiren da actual ubicación, os turismos e a moto enviaranse a un Centro Autorizado de Tratamento (CAT).